A ORIXE DA MIÑA AFECCIÓN
Sempre chamoume a atención todo o que engloba a comida, recordo as primeiras fotos que miraba nas revistas e as receitas que ían acompañándoas, ahí foi cando descrubrín a miña paixón.
Cando me fixen maior e comezou destacar o Internet, eu xa tiña claro onde ía invertir o meu tempo e era en buscar as fotos coas súas correspondentes receitas e ir practicando un pouco, mirando videos explicativos de cando en vez porque me resultaba máis fácil entendelo e aprendelo, aquí déixovos un video parecido aos que eu miraba ao comezo da miña aventura:
Pero antes de nada, debía coñecer os utensilios necesarios para comezar a cociñar, este video os explica e simplifica moi ben:
Tamén gustábame aforrar tempo e traballo, por iso buscaba videos de trucos como este:
Buscaba moita información e encontrei un par de páxinas web onde explicaban dunha maneira moi rápida e práctica, esta é a páxina que máis me gustaba utilizar para buscar as receitas.
Páxina web de receitas
https://www.elespanol.com/cocinillas/recetas/20151220/recetas-quedar-genio-cocina-sin-saber-cocinar/1000353014696_30.html
Ao comezo foron os meus primeiros biscoitos e despois arriesgábame un pouco máis con galletas de chocolate e outras comidas típidas á hora do medio día, como unhas pizzas con bastantes ingredientes ou algunha que outra empanada.
Este Blog escríboo para darlle a coñecer a todo o mundo a miña afección.
Como cualquera principiante, ao principio cometía moitos erros e non sempre salíume ben a comida senon que metía moito a pata, pero aprendín demasiado con iso...

Pero con moito esforzo meu obxectivo cumplíuse e acabaron saindo cousas moi ricas e con boa pinta:
Recompilei unha chea de imaxes feitas por min da miña propia comida elaborada e fixen unha presentación para que coñezades a miña gran afección e gocedes das miñas exquisitas receitas:

Comentarios
Publicar un comentario